Idioma

viernes, 26 de abril de 2019

Nunca é tarde....para repasar a Historia


O día 23 de abril festexamos o Dia do Libro e o Sant Jordi.

O dia 25 comemoramos a Revolución dos Cravos en Portugal e a derrota do fascismo en Milano e Torino por parte dos partisanos italianos despois de unha revolta popular.

E onte, día 26, o aniversario da morte dos Mártires de Carral, feito moi importante na Historia da Galiza pero esquecido amplamente na historiografía oficial.

Hoxe, dia 27 de abril, queremos facer nosa humilde homenaxe a estas datas.






Placa comemorativa dos Mártires de Carral

Día do libro

Cartaz de comemoración do 25 de abril en Portugal con Zeca Fonso .

Partisanas italianas no 25 de abril de 1945

Cartaz de Sant Jordi: "Cando leo, son todo o que quero ser"

De estrea!!

Estreamos páxina Web! Bota un ollo, seguro que encontras información do teu interese
http://www.atelierestudos.com/
http://www.atelierestudos.com/

lunes, 22 de abril de 2019

Novas Instalacións!!!


Traladámosnos!! Novas instalacións, mesma filosofía!
Podes encontrarnos en Praza Luis Seoane 6, baixo.
Agardámoste para te ensinar o novo Atelier.

martes, 25 de marzo de 2014

Convocadas polo CAPLE probas de portugués como lingua estranxeira



Convocadas probas de Portugués como lingua estranxeira polo: Centro de Avaliação de Português Língua Estrangeira da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.  

Os exames de PLE podem ser realizados por todos os maiores de 14 anos, que non tendo o portugués como lingua materna e que queiran comprobar, para fins educativos, profesionais ou outros, a sua competencia en portugués nos termos recoñecidos por cada certificado ou diploma.

Dacordo con as novas normas do Plan Bolonia, os universitarios deben posuir e nivel B1 en calquera lingua europea para obter a titulación de grado. Mesmo para aqueles que xa estiveran graduados e licenciados polos plans antigos, será necesaria esta acreditación para cursar novos  mestrados e pos-grados.

·         CIPLE        (nivel A2)
·         DEPLE      ( nivel B1)          
·         DIPLE       (nivel B2)             
·         DAPLE      (nivel C1)
·         DUPLE     (nivel C2)


Ø  Datas dos exames em maio 2014.
Ø  Limite de prazas, máximo 20 por nivel.
Ø  Presentación de inscrición antes do 12 de abril.
Ø  Consultanos sobre como faceres a túa matrícula.
Ø  Lugar dos exames : Instituto Camões em Vigo.
                 

Abrimos grupos de adultos para preparación dos exames. Infórmate sen compromiso




jueves, 30 de enero de 2014

viernes, 24 de enero de 2014

A frase do dia

Ametsik gabeko bizia, izarrik gabeko gaua.

(Unha vida sen soños é como unha noite sen estrelas)